Todos debemos respectar aos animais domésticos e salvaxes, e debemos coñecer que as necesidades destes, son moi semellantes ás nosas; ter alimento, auga, ter un fogar no que sentirse protexidos e que os demáis nos respecten.
Por todo iso, os rapaces de 2º curso foron de excursión á Casa Grande de Xanceda, onde viron que o lema "vacas felices" era realidade na explotación gandeira. Alí aliméntanse ben, de forma ecolóxica, teñen auga fresca sempre que o necesitan, un lugar limpo donde pasar a noite e... 6 mastíns e un par de burros para protexelas dos lobos. Tamén viron a Lola, unha porquiña que está a pasar a súa xubilación en Xanceda, a un montón de galiñas moi ben alimentadas, ponis, cabras, ovellas...
Que presentación tan bonita!!! Parabéns
ResponderEliminar