Os nenos/as de 2ºB traballaron ao longo do curso as diferentes emocións, partindo do conto "EL MONSTRUO DE COLORES".
Realizaron diferentes actividades para afianzar as emocións: viron vídeos, leron contos, debuxaron e colorearon os monstros, realizaron e presentaron carteis, representaron as emocións partindo das fotografías das súas mascotas e outras que buscaron para identificalas.
![]() |
| This photo slideshow customized with Smilebox |
Tamén elaboraron o libro "O monstro de cores" co cal xogaron a ordenar as emocións dos animais representados. Coa supervisión das profesoras Isa, Mar e Marisa.
![]() |
| A free slideshow design by Smilebox |
Así mesmo investigaron e descubriron que os cans guía prestan moita axuda na realización de tarefas nas distintas profesións e enfermidades.
Elaboraron un fermoso cartel para a exposición de "Raquel Soler" co lema "Coídaos, eles tamén o fan...". Seleccionaron e escribiron distintos eslogáns mostrando como os cans axudan aos gandeiros co seu gando, na caza, coa terapia, coa búsqueda e rescate, coa policía,...
![]() |
| This free slideshow design generated with Smilebox |
Elaboraron o libro "Eu coido a miña mascota", libro viaxeiro onde, coa colaboración das súas familias, cada neno/a contaba as experiencias coas súas mascotas ou animais cos que tiveran algunha relación: coidados, hixiene, responsabilidades,...
![]() |
| Personalize your own slideshow design |
Foi un proxecto no que todos os nenos/as participaron e traballaron con gran ilusión.




No hay comentarios:
Publicar un comentario