martes, 17 de enero de 2017

VISITA DA PROTECTORA DE ANIMAIS MOURA.

O pasado 20 de decembro, dous voluntarios da Protectora de animais Moura, viñeron a explicarnos o seu traballo; as diferencias entre unha protectora e unha canceira... e o que máis nos gustou a todos foi que trouxeron dous cans que atoparon na rúa abandonados (un deles está en adopción).




 










jueves, 12 de enero de 2017

"TU NUEVA MASCOTA".


Imos facer un test acerca das reponsabilidades e coidados que require ter unha mascota como un can de mediano tamaño en casa.

Atréveste?

Clica na imaxe se queres xogar.







ANIMAL WORLD.


Con esta unidade en ingles traballaremos os animais nos seus hábitats: salvaxes, domésticos e mascotas mediante exercicios de relación, identificación, comprensión de textos ou xogos diversos.
3º Primaria.

Clica na imaxe se queres xogar.






ANIMAIS DOMÉSTICOS.


Unidade didáctica para traballar os animais domésticos: características xerais de mamíferos e aves, tipos de alimentación, formas de reproducción, produtos que obtemos a partires deles e fundamentalmente ampliar o vocabulario sobre o tema. 1º de Primaria.

Clica na imaxe se queres xogar.






GÚSTANME OS ANIMAIS.


Libro Lim para 2º de Primaria, como reforzo das aprendizaxes, repaso dos contidos e autoevaluación nos temas relacionados coa clasificación dos animais.

Clica na imaxe se queres xogar.



CARACTERISTICS OF THE ANIMALS.


Libro LIM para traballar o léxico dos animais en inglés: animais, partes do corpo,adxectivos, descrición...

Clica na imaxe se queres xogar.



PLAYING WITH ANIMALS.



Actividade LIM na que os alumnos poderán traballar en inglés todo tipo de animais. Clica na imaxe se queres xogar.