jueves, 29 de junio de 2017

miércoles, 28 de junio de 2017

EU COIDO A MIÑA MASCOTA. 1ºB

Os nenos de 1ºB tamén elaboraron o libro "Eu coido a miña mascota", libro viaxeiro onde cada neno/a contaba as experiencias coas súas mascotas ou animais cos que tiveran algunha relación: coidados, hixiene, responsabilidades,.... Todo coa axuda das súas familias.



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Create your own photo slideshow

miércoles, 7 de junio de 2017

OS TRABALLOS DOS NENOS/AS DE 2ºB.

Os nenos/as de 2ºB traballaron ao longo do curso as diferentes emocións, partindo do conto "EL MONSTRUO DE COLORES".
Realizaron diferentes actividades para afianzar as emocións: viron vídeos, leron contos, debuxaron e colorearon os monstros, realizaron e presentaron carteis, representaron as emocións partindo das fotografías das súas mascotas e outras que buscaron para identificalas.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow customized with Smilebox

Tamén elaboraron o libro "O monstro de cores" co cal xogaron a ordenar as emocións dos animais representados. Coa supervisión das profesoras Isa, Mar e Marisa.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow design by Smilebox


Así mesmo investigaron e descubriron que os cans guía prestan moita axuda na realización de tarefas nas distintas profesións e enfermidades.

Elaboraron un fermoso cartel para a exposición de "Raquel Soler" co lema "Coídaos, eles tamén o fan...". Seleccionaron e escribiron distintos eslogáns mostrando como os cans axudan aos gandeiros co seu gando, na caza, coa terapia, coa búsqueda e rescate, coa policía,...


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design generated with Smilebox



Elaboraron o libro "Eu coido a miña mascota", libro viaxeiro onde, coa colaboración das súas familias, cada neno/a contaba as experiencias coas súas mascotas ou animais cos que tiveran algunha relación: coidados, hixiene, responsabilidades,...


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize your own slideshow design


Foi un proxecto no que todos os nenos/as participaron e traballaron con gran ilusión.

jueves, 1 de junio de 2017

CARLOS CASARES E OS ANIMAIS...

Como o autor homenaxeado este ano nas Letras Galegas foi Carlos Casares e ten varios libros con animais como protagonistas, traballamos os seus libros dentro do Proxecto. Aquí quedan algúns traballos... Agardamos que vos gusten



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free photo slideshow

LIBROS DE ANIMAIS NA BIBLIOTECA DA VACA PEPA

Dende onte ata final de curso, podedes visitar a Biblioteca da Vaca Pepa e coller, ou consultar,  os libros sobre animais que alí hai. O equipo de Biblioteca estivo traballando a reo para poñelos á vista para todos vós. Hai para todos os gustos... Con cal te quedas?









miércoles, 31 de mayo de 2017

XULIO GUTIÉRREZ FALOUNOS DOS SEUS LIBROS...

O 22 de marzo, Xulio Gutiérrez, escritor de varios libros sobre características de animais extraordinarios (Ollos, Nacer, Bocas...), deleitounos con curiosidades sobre a vista dos animais. Con él aprendimos un montón de cousas, como por exemplo que os cans son  miopes, que nós vemos en branco e negro nas comisuras dos ollos se miramos de frente ou que existe un peixe de catro ollos!!!!!!! (e non, non é mutante, jijiji)



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow