miércoles, 31 de mayo de 2017

XULIO GUTIÉRREZ FALOUNOS DOS SEUS LIBROS...

O 22 de marzo, Xulio Gutiérrez, escritor de varios libros sobre características de animais extraordinarios (Ollos, Nacer, Bocas...), deleitounos con curiosidades sobre a vista dos animais. Con él aprendimos un montón de cousas, como por exemplo que os cans son  miopes, que nós vemos en branco e negro nas comisuras dos ollos se miramos de frente ou que existe un peixe de catro ollos!!!!!!! (e non, non é mutante, jijiji)



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free digital slideshow

CANDELORIA (2 DE FEBREIRO)

O pasado 2 de febreiro traballamos a Candeloria facendo unha actividade internivel. Partimos do refrán "A partir da Candeloria, ningunha ave voa soa".
Cada neno tiña una imaxe dun paxaro galego, do que buscaron información previamente. A actividade consistiu en buscar a súa parella entre os nenos das outras clases (tiñan que buscar o mesmo paxaro, pero mirando para o outro lado. Unha vez atopada a parella, pegaron os paxaros enfrentados, cun corazón no medio deles, nun mural.
Os grupos que traballaron foron 1º, 2º, 3ºA e 4ºB. Aprendemos un montón sobre os paxaros!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow generated with Smilebox

domingo, 28 de mayo de 2017

VISITA A EXPOSICIÓN DOS NOSOS TRABALLOS NA CASA DE RAQUEL SOLER.

Este xoves 25 de maio inaugurouse, na Casa da Cultura de Raquel Soler, a exposición do alumnado sobre as mascotas. Algúns dos nosos alumnos xa foron a visitala. A exposición estará ata o venres 16 de xuño. 
Invitámosvos a coñecela!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
A free slideshow by Smilebox


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox



AS MASCOTAS DE 6ºA.

Os alumnos de 6ºA presentaron as súas mascotas na aula. Os que non tiñan mascota falaron do seu animal favorito. Fixeron algúns traballos en formato dixital para apoiar a súa presentación.
A continuación deixámosvos algúns destos traballos para que vexades o seu labor.




ANDREA E O SEU CAN.



ALEJANDRO E OS OSOS PANDA


ALFONSO E OS SEUS CANS.


AINHOA E A SÚA GATA.


ANTÍA E OS SEUS GATOS.


VERÓNICA E AS SÚAS MASCOTAS.

MARINA E O SEU GATO.


ALANA E A SÚA GATA.


JENNY E AS SÚAS MASCOTAS.


EREA E O SEU CAN.


AS MASCOTAS DE DANIELA, SILVIA E SOFÍA.


ALBA E AS SÚAS MASCOTAS.

martes, 23 de mayo de 2017

ENTROIDO COS NENOS DE 1º.


Aproveitando que o proxecto de centro deste curso "Protexe aos animais Bandaseca" trata sobre a protección das mascotas, as mestras de primeiro decidimos disfrazarnos de cans e gatos para concienciar aos nenos e nenas dos coidados e obrigas que teñen que ter con elas.
Para iso ademais de inventar cada un o seu propio lema de concienciación en contra do descoido e abandono dos animais elaboramos na aula o traxe que levaron no pasacalle do Entroido.
Agora poderedes ver unha mostra do resultado final :)

1ºA

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design created with Smilebox

1ºB

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox


1ºC

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow customized with Smilebox

viernes, 19 de mayo de 2017

"MOSTRA E CONTA" COS NENOS DE 1º.


No segundo trimestre os nenos e nenas de 1º fixemos un obradoiro chamado “MOSTRA E CONTA” para mellorar a nosa expresión oral. O tema elixido foron: AS MASCOTAS.
O noso traballo consistía en facer unha exposición sobre a nosa mascota ou en caso de non tela escoller un animal que nos gustaría ter. 
Para que nos resultase máis doado elaboramos diferentes traballos visuais (murais, vídeos, presentacións dixitais...) coa axuda das nosas familias. Neste traballo tivemos que presentar a nosa mascota, comentar as súas características, que coidados precisan e elaborar un lema a favor dos animais.
Aquí vos deixamos unha pequena mostra do que fixemos.


ESPERAMOS QUE VOS ENCANTEN!!!!! :)

1ºA









Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Another free slideshow by Smilebox






1ºB


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a picture slideshow

1ºC












miércoles, 10 de mayo de 2017

VISITA Á CASA GRANDE DE XANCEDA

Todos debemos respectar aos animais domésticos e salvaxes, e debemos coñecer que as necesidades destes, son moi semellantes ás nosas; ter alimento, auga, ter un fogar no que sentirse protexidos e que os demáis nos respecten.
Por todo iso, os rapaces de 2º curso foron de excursión á Casa Grande de Xanceda, onde viron que o lema "vacas felices" era realidade na explotación gandeira. Alí aliméntanse ben, de forma ecolóxica, teñen auga fresca sempre que o necesitan, un lugar limpo donde pasar a noite e... 6 mastíns e un par de burros para protexelas dos lobos. Tamén viron a Lola, unha porquiña que está a pasar a súa xubilación en Xanceda, a un montón de galiñas moi ben alimentadas, ponis, cabras, ovellas...

Click to play this Smilebox slideshow


Click to play this Smilebox slideshow




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow generated with Smilebox

AS NOSAS MASCOTAS.


Durante este curso os nenos de 2º  tivemos algunha visita sorpresa: as mascotas dalgúns dos nosos compañeiros.
Encantounos coñecer moitas cousas deles (coidados, alimentación, as cousas que máis lles gustaban e as que menos,...).
O mellor de todo... poder acariñalas!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow